20170601

PANORAMA BD 2016

Texto escrito para o catálogo da exposición Panorama BD 2016 

Deseño: Fiera Gráfica
 
“Se temos a fortuna de ser impelidos por vento favorable, arribaremos pronto á illa e levaremos o máis fabuloso dos tesouros.”
A Illa do Tesouro, Robert Louis Stevenson.

No momento de comezar a redactar estas liñas que serven para abrir una nova entrada no que é o caderno  de bitácora que recolle e documenta a produción de banda deseñada dos/as autores e autoras  galegos/as ao longo de cada ano, cómpre exercitar a memoria e repasar o percorrido anterior desta travesía.

A Coruña é un porto cunha longa historia mariñeira ateigada de múltiples episodios: batallas navais, naufraxios desastrosos ou mesmo lendas mitolóxicas coma a de Hércules que da nome ao faro que é símbolo de Viñetas desde o Atlántico. Precisamente no marco deste festival de historieta, dende o 2012 adica un dos seus espazos expositivos a  esta  mostra colectiva que tenta ser o referente a nivel galego para promocionar a todas e todos os que traballan en novos  proxectos que se están a dar dentro deste sector en Galicia. Nesta edición co obxectivo de recoller  a gran cantidade de propostas diferentes e o importante volume editorial do país na actualidade, decidiuse programar a exposición noutras datas.

Ata agora, encargábase deste labor, dun xeito impecable, Bernal Prieto pero debido  ao nacemento da súa filla Olivia (Si, bautizada como a noiva do famoso mariñeiro de tebeo) quedou sen tempo para atender a coordinación deste evento.  Agradézolle moito que confiara en min e me recomendara para sustituilo aínda que, a pesares de deixar trazado o rumbo a seguir, vai ser complicado levar o timón con tanta competencia coma a que el exhibiu. 

O máis importante para iniciar a nosa singradura é contar cunha boa tripulación, afortunadamente non hai problema ningún con este asunto: o número de autores e autoras que se adican á creación de historietas non deixa de aumentar, continúan en activo debuxantes cunha ampla traxectoria e ademáis o relevo xeracional está garantido coa aparición de novos valores que veñen a refrescar o panorama. Isto non é falar por falar, é algo salientable en todos os foros especializados e que calquera pode comprobar con tan só visitar algunha das librarías especializadas das principais vilas. Con todos estes argumentos, é lóxico que dende a Concellería de Cultura da Coruña quixeran darlle a este panorama una entidade propia que sirva para visibilizar toda esta efervescencia.


Se cadra, pode ser una afirmación repetida dabondo e que chega a semellar una cantiga xa escoitada pero é de xustiza voltar a recitala. Vivimos un momento de gran abundancia no caladoiro da BD, un aficionado con curiosidade  e que teña interés é quen de atopar “capturas” que o satisfagan.  Así como existen diferentes artes na pesca coma o palangre, o curricán, a nasa ou o trasmallo, os debuxantes/as galegos/as traballan as súas historias cunha grande diversidade. Podemos atopar dende relatos clásicos de xénero de terror ou ciencia ficción en publicacións como Altar mutante e A Tumba do Terror de Abraldes, humorismo gráfico de todo tipo e clase como o costumbrismo de Luis Davila ou as viñetas deportivas de Pepe Mansilla, cómic infantil para iniciar aos novos lectores como Curuxa de Fonso Barreiro ou Marcopola de Jacobo Fernández ata as propostas máis vangardistas e rompedoras de Los Bravu e  Andrés Magán por exemplo.

Aínda que isto poidera semellar que se traduce nunha rede enmarañada indefinida, non é certo e podemos salientar algunha das tendencias comúns que caracterizan aos novos títulos que van aparecendo. 

Primeiro de todo, hai que destacar como medra cada ano o número de autoras respecto a épocas pretéritas que se traduce en novos aires frescos que enchen con forza as velas do noso navío. Un non sabe se a cousa é consecuencia de que cada vez hai máis lectoras ou viceversa pero é indubidable que representa novos punto de vista e temáticas inéditas ata agora. A chegada da sensibilidade feminina non é un etiqueta que encorseta, senon unha identidade común en artistas de tan diferente personalidade como Emma Rios,  Xiomara Correa, Roberta Vázquez ou Pepa Prieto Puy. Máis que unha moda, semella que chegará un momento no que esta novidade non resulte estraña e a presenza da muller dentro da BD estea consolidada. 

A situación de precariedade e crise económica que se vive en todos os segmentos da sociedade é algo que é case imposible de evadir, polo que é lóxico que callara en páxinas de cómic. E este é un dos outros puntos que sobresaen á hora de definir o momento contemporáneo que vive o cómic galego.  A temática social gañou a partida aos relatos románticos ou á épica dos heroes tradicionais, hoxe o público demanda historias nas que vexa reflectidas as súas preocupacións cotiás. Así é como se explica que aparezan traballos co talante reivindicativo de Presas Fáciles de Miguelanxo Prado e Gran Hotel Abismo de David Rubín ou dramas históricos como Aram, O Armenio de Abel Albes e Ojos Grises de Fernando Llor.

Non se pode dicir que exista unha estética común entre os historietistas de Galicia que os poida reunir baixo unha marca recoñecible similar ao que acontecía coa escola francobelga ou a liña clara valenciana, mais si podemos falar dun relato colectivo que se está a escribir con cada unha das novas obras que aparecen.  Para iso é importante lembrar os episodios pasados, polo que hai que celebrar a iniciativa BDG70 A Revolta do Comic Galego que recupera pioneiros como Pepe Barro, Chichi Campos ou Reimundo Patiño. Unha exposición que tivo lugar a finais de ano na Sala A Normal de A Coruña e que xorde como resultado da tese doutoral de Xulio Carballo. Hai que celebrar que a historieta  acade atención en eidos anteriormente “vetados” como a Universidade. Parece que a consideración desta como unha arte menor vai desaparecendo e , pouco a pouco, valórase como unha máis das belas artes.

Respecto a este punto, é curioso que o primeiro estudo histórico sobre a BD galega desta magnitude xurda no departamento da facultade de Filoloxía. Tradicionalmente os autores iniciábanse no oficio de xeito autodidacta, a falta dunha oferta formativa para a aprendizaxe desta disciplina, fai que apareza en Pontevedra O Garaxe Hermético, a primeira escola profesional de BD dirixida por Kiko da Silva. 

En canto aos eventos relacionados coa BD a referencia  máis poderosa segue a ser Viñetas desde Atlántico, continúan o Salón de Cangas e o Boom Film&Comic e a cada ano que pasa o calendario énchese de datas marcadas por pequenos festivais e xornadas de autoedición onde se promocionan os novos valores:  Autoban na Coruña, Fun Fun Fun en Santiago, Salir del Ghetto en Vigo son citas imprescindibles para estar “enterado” e  veñen a ofrecer un espazo adicado aos fanzines, o  cómic de autor e a  pequenos selos como Foster Edicións ou Fosfatina, precisamente esta editorial de Vigo actualmente é unha das que máis destaca, tanto pola cantidade de títulos publicados como pola súa liña que aposta pola vangarda. Baixo a súa marca reúnense os novos/as autore/as que buscan solucións narrativas arriscadas e que sorprenden. Aínda que a súa proposta é de vocación minoritaria, caracterízase tamén por buscar un público internacional, ao que consegue chegar grazas a ter unha forte presenza en redes sociais para promocionar o seu catálogo e distribúe os títulos por medio da venta en liña. 

Por outra banda  continúan editoriais como Demo Editorial que cada tempada seguen a entregar títulos de calidade que veñen a encher as bibliotecas dos amantes da narrativa gráfica. Hai que destacar tamén as iniciativas de autoedición e os proxectos finanzados a través de crowfounding e como fenómeno curioso as librarías que se lanzan á publicación: -1 de Xulia Pisón por Alita Comics, O Pictodiario de Óscar Urbano por Sindicato del Cómic e Aleida, cidade sen alma de Victor Boullón por Libraria Komic. 

Despois do afundimento  do suplemento infantil Golfiño e as revistas  Retranca e Oink! semella que non hai una publicación regular que ofreza a oportunidade de desenvolvemento profesional en Galicia. Acúsase a falta dunha industria sólida, polo que a maioría dos autores/as que queren iniciar unha carreira profesional optan pola “deslocalización” e  emigran cara mercados foráneos que lles ofrezan esa posibilidade. 

Asombra un contraste tan acusado entre os logros que vive a nivel artístico o cómic na nosa terra  e a falta de  correspondencia por parte das grandes editoriais ou o pouco apoio institucional. Se ben é certo que existen concursos e certames que fomentan a creación, aí están o Premio Castelao, o Xuventude Crea e o recente Virxinia Pereira. Tamén o é o feito da inexistencia dun marco apropiado para o sector, sobre todo se o comparamos co que existe  noutros territorios europeos. 

E así, co rumbo trazado e a tripulación enrolada neste buque, vai chegando o momento de partir. Só nos falta por colgar a bandeira baixo a que navega a nosa embarcación,  e esa non podería ser outro que a negra do cranio e as dúas tibias.


A altura da marea é a apropiada e o vento sopra na dirección correcta. Soltade as amarras, levad a áncora, izade  as velas…!!!

Sorprendentemente o barco flota, estamos navegando.

20170507

KUKA

Hice estas tiras sobre una cucaracha como ejercicio para experimentar con la narración gráfica sin palabras. Fueron publicadas en un pequeño álbum que editó Polaqia de título 3X1 y que además de este tebeo recopilaba las aventuras de otros dos personajes: Macho Alfa (con guión de Ricardo Mena) y Viva la Muerte!
Con este lanzamiento y el sketchbook de Alberto Guitián, el colectivo gallego dijo adiós y cesó su actividad editorial. Pero aún tengo ejemplares por casa, así que si estais interesados en adquirir uno podeis hacerlo escribiéndome un mail a janocho@gmail.com o a través de este enlace https://tictail.com/es/s/janoilustra/3x1

















20170401

CENTOLOMAN


Inauguro unha nova etapa no blog cunha entrada adicada a CENTOLOMAN, un cómic que fixen xunto ao guionista Rodrigo Cota no 2009 para  a empresa textil REI ZENTOLO. Un personaxe que pretendía ser un superheroi galego e que a súa primeira aparición foi en forma de camisola. Encargáronme o deseño deste tebeo que se distribiu nas tendas da firma, serviu de promoción para a venta dos seus productos e aínda que existía a intención de continuar a a serie, a cousa non pasou deste primeiro número. Así dicía a nota de prensa que presentaba o tebeo:

“Centoloman” pretende ser o primeiro superheroi galego no senso marveliano, xa que, incluso antes de presentarse, posúe merchandasing dende fai 4 anos en versión camisola e camisola infantil e, proximamente tocaralle ao boneco de peluche. Tamén superheroi galego, que é o idioma no que fala e os valores do seu pasado profundo común, xa que posúe un carácter de fillo da historia irmandiña, nos dous sensos que se lle poden dar a ésta. No primeiro, pola súa sensibilidade a inxustiza, outro Robin Hood perseguido pola C.I.A, e, a vez, polo cuestionamento da capacidade propia, sen chegar a ser Albert Camus; ademais dun marcado ecocentrismo panteísta mariñeiro.
Éste vai ser o número 0, a primeira das muitas futuras publicacións sobre a súa historia.
Sobre unha personaxe de Rei Zentolo e unha idea orixinal de Pablo Zentolo, os encargados de elaborar esta primeira entrega son:
En canto ó debuxo, Jano, debuxante de prestixio recoñecido no mundo da ilustración, ten publicado varios álbumes de viñetas e conseguiu diferentes becas e premios polo seu traballo neste eido.
En canto ó guión, Rodrigo Cota, escritor pontevedrés que colabora asiduamente en varios xornais, gañador de varios premios de guión, negro ocasional e que ven de publicar recentemente “Colón, Pontevedra, Caminha”