20170401

CENTOLOMAN


Inauguro unha nova etapa no blog cunha entrada adicada a CENTOLOMAN, un cómic que fixen xunto ao guionista Rodrigo Cota no 2009 para  a empresa textil REI ZENTOLO. Un personaxe que pretendía ser un superheroi galego e que a súa primeira aparición foi en forma de camisola. Encargáronme o deseño deste tebeo que se distribiu nas tendas da firma, serviu de promoción para a venta dos seus productos e aínda que existía a intención de continuar a a serie, a cousa non pasou deste primeiro número. Así dicía a nota de prensa que presentaba o tebeo:

“Centoloman” pretende ser o primeiro superheroi galego no senso marveliano, xa que, incluso antes de presentarse, posúe merchandasing dende fai 4 anos en versión camisola e camisola infantil e, proximamente tocaralle ao boneco de peluche. Tamén superheroi galego, que é o idioma no que fala e os valores do seu pasado profundo común, xa que posúe un carácter de fillo da historia irmandiña, nos dous sensos que se lle poden dar a ésta. No primeiro, pola súa sensibilidade a inxustiza, outro Robin Hood perseguido pola C.I.A, e, a vez, polo cuestionamento da capacidade propia, sen chegar a ser Albert Camus; ademais dun marcado ecocentrismo panteísta mariñeiro.
Éste vai ser o número 0, a primeira das muitas futuras publicacións sobre a súa historia.
Sobre unha personaxe de Rei Zentolo e unha idea orixinal de Pablo Zentolo, os encargados de elaborar esta primeira entrega son:
En canto ó debuxo, Jano, debuxante de prestixio recoñecido no mundo da ilustración, ten publicado varios álbumes de viñetas e conseguiu diferentes becas e premios polo seu traballo neste eido.
En canto ó guión, Rodrigo Cota, escritor pontevedrés que colabora asiduamente en varios xornais, gañador de varios premios de guión, negro ocasional e que ven de publicar recentemente “Colón, Pontevedra, Caminha”