20130724



Xa funciona a páxina de WE ARE GALEGOS, unha nova empresa adicada a organizar visitas por Galicia. Tratan de ofertar un servizo distinto con grupos reducidos e fuxindo dos lugares máis transitados.

Un proxecto innovador e ilusionante co que me identifico, polo que estou moi contento de colaborar deseñándo o logotipo e a súa imaxe corporativa.

Parabéns, Germán! finalmente acadaches o teu obxectivo.