A partires do 24 de xaneiro estaréi os sábados no MAC, o Museo de Arte Contemporanea Gas Natural Fenosa de A Coruña, cun obradoiro de banda deseñada para nenos e nenas de 7 a 14 anos.
Durante 6 sesións
trataremos de aprender as técnicas e recursos que diferencian
este medio de expresión gráfica, introducindo os alumnos a novas ferramentas e
a linguaxe característica do cómic para que poidan crear os seus propios
personaxes e amosar como contar historias e os distintos formatos nos que se
pode realizar unha banda deseñada.
O obxectivo do obradoiro é fabricar unha
publicación feita polos alumnos que poidan compartir cos seus amigos e familiares.
Na web do MAC podedes atopar o folleto do curso para ampliar a información e a ficha de inscripción.