20150528


O pasado 21 de Maio presentouse na sede da Fundación Barrié en A Coruña o programa para a prevención de conductas infractoras KTORCE-18, un proxecto educativo da Asociación Arela no que estiven implicado e que pretende achegar a Lei do menor con charlas divulgativas a alumnos e alumnas entre 2º e 4º de ESO.
O meu traballo consistiu en fabricar os materiais visuais nos que se apoian os profesionais de Arela para para informar, prevenir e facerlles conscientes das consecuencias dos seus actos. Foi unha gran oportunidade, acostumado a desenvolverme no eido editorial.
Quedei moi satisfeito e agradecido pola axuda e confianza que me prestaron Ana, Txelu, Julio e os demais compañeiros da asociación. Ata o próximo curso non comezarán a empregar esta ferramenta, non me chega o día para comprobar a súa utilidade.