20150204


Outra vez tiven a honra de encargarme da realización da cuberta do novo diso dos Santos Morcegos!!! e goceina como a primeira. Fíxenlles a do CD, a do LP e desta volta tocoume deseñar a capa para un single, un 7 pulgadas, un 45 rpm ou como raio se chame os vinilos pequenos. É un EP de catro temas titulado “Corre Canceliñas, Corre!” que homenaxea á figura de Saturnino Marcos Cerezo Cancelas, así o contan eles: "A finais de 2013 vivimos na Comarca do Baixo Miño unha fascinante persecución. Os nenos apresuraban o paso da escola pra casa, os medios de comunicación fomentos de sangue seguían minuto a minuto as peripecias do delincuente máis buscado que se recorda na zona... Santos Morcegos!!! vivimos apaixoadamente o periplo do Canceliñas, e estas 4 cancións están inspiradas nos acontecementos que protagonizou."

Pódese escoitar un adianto na web de O Botafumeiro, xustamente aquí.