20141009


Dende neno sempre me gustou a música, quería ter unha banda e tocar a guitarra. Tenteino un día, afaneime en que os meus dedos poideran colocarse dalgún xeito para acadar algún son do instrumento. Non aguantei máis dun par de horas, desistín daquela tola idea e centreime no debuxo. 

Foi unha frustración que me acompañou toda a vida, ata agora. Grazas a Matilde de O Gato Cósmico puiden participar no Ukelele Kit Project, unha iniciativa que achega diferentes linguaxes como a música, a ilustración e o audiovisual.

Propuséronme pintar un dos ukeleles que formarín parte do proxecto, sabendo que logo o grupo vigués Camarada Nimoy sempregarían o instrumento foi sinxelo atopar unha imaxe. Todo isto quedou inmortalizado nun videoclip que fixeron Paula Carro e Tito Campos e que formará parte da mostra que inaugúrase o o mércores 15 de Outubro na Zona C de Compostela.