20130704


Fíxenlles ós Santos Morcegos a portada para a súa nova referencia, desta vez trátase dun vinilo, tamén acompáñase cun disco compacto para escoitalo cando vaiamos a praia en coche. Se vos interesa podedes mercar por 10 euros unha das 500 copias escribíndolles unha mensaxe na súa páxina do feisbuk.

Foi moi agradecido traballar para unha carpeta de tamaño grande e estou encantado de ilustrar as cancións desta banda, que ademais de grandes músicos son boa xente. E mellor vou calando xa, porque as veces as palabras sobran.

Se queredes escoitar un clip de avance do disco picade aquí:
https://www.youtube.com/watch?v=gHYZUCzu6ow